Fillos de Galicia

< Servizo para o reencontro dos galegos coas súas familias emigradas >
atopadoiro@fillos.org          Acerca de Fillos


O Atopadoiro é o servizo gratuito que a Asociación Cultural Fillos de Galicia ofrece á comunidade emigrante e mais aos galegos de Galicia para recuperar lazos.

¿Como funciona? Temos una base de datos de emigrantes na que os seus fillos e netos deixan os datos para que os seus familiares de Galicia se poñan en contacto con eles, e por outra banda unha cos galegos que queren atopar a seus parentes na emigración. Ver esquema de funcionamento.

emigrantes gallegosemigrantes gallegosemigrantes gallegos

Esperamos que coas diversas consultas que permite deas atopado a quen ti buscas. ¡Boa sorte!

En Fillos de Galicia nos gustaría recibir noticias de todos aquellos encuentros que se realicen gracias a estas páginas, así que si tenemos la suerte de ayudaros a encontrar a vuestros parientes, por favor enviadnos un mensaje a contacto@fillos.org para que compartamos vuestra alegría.
Se ti es emigrante ou descendente de emigrante podes...

Buscar xente en Galicia cun determinado apelido.


Buscar xente dun determinado lugar de Galicia.

Buscar os familiares en Galicia dun determinado emigrante.

Deixar os teus datos para que te localicen desde Galicia.

Solicitar un certificado ou partida de nacemento (servizo de pago)
 
Se ti es galego de Galicia podes...


Buscar xente na emigración cun determinado apelido.

Buscar a un determinado emigrante ou a súa descendencia.

Deixar os teus datos para que te localicen desde a emigración.  

Apuntarte como voluntario "atopador" para nos axudar a localizar xente na zona de Galicia onde vives.

Ou tamén...
Se a túa procura non entra dentro destes tipos podes buscar tanto xente residente en Galicia como emigrantes por lugar de orixe (novo), ir ao noso Novo Taboleiro e deixar unha mensaxe, ou mandarnos unha mensaxe con calquera dúbida que teñas a atopadoiro@fillos.org.

AVISO: Está prohibida a utilización comercial do sistema de contacto do Atopadoiro. Calquera tentativa de facer uso del deste xeito ou para enviar spam ou mensaxes (masivos ou non) non relacionados coa procura de familiares terá como consecuencia o bloqueo do usuario responsable. Fillos de Galicia respecta a privacidade dos seus usuarios e non permite que sexan molestados con temas que nada teñen que ver co motivo co que deixaron os seus datos persoais.


Así funciona o Atopadoiro:

Esquema de funcionamento do Atopadoiro de Fillos de Galicia

Un exemplo:

1
Antecedentes
2
Emigración Atopadoiro
3
Galicia Atopadoiro
4
AtopadoiroEmigración
5
Emigración Galicia
Xan Ferreiro Vilaboa emigra en 1920 a Cuba.
O seu irmán Manuel queda en Galicia, na súa aldea de Pedreira.
Xan casa en Cuba e perde o contacto coa familia en Galicia.
Ten unha filla chamada María Ferreiro Martín.
María Ferreiro Martín desde Cuba quere poñerse en contacto coa familia de seu pai en Galicia.
Descubre o Atopadoiro e busca nel a familia de seu pai por "Ferreiro / Pedreira".
Como non aparece ningún resultado deixa os datos de seu pai para que contacten con ela.
Luís Ferreiro, fillo de Manuel, e sobriño do emigrante Xan Ferreiro descubre o Atopadoiro e proba a localizar a familia deste en Cuba.
Busca "Xan Ferreiro / Cuba" e aparecen os datos que deixou María.
Envía unha mensaxe co link "contactar" que lle aparece co resultado.
Fillos de Galicia recibe a petición de Luís e lla reenvía a María. María recibe a mensaxe de Luís e ponse en contacto xa directamente con el.

¡As familias reencontráronse! :-)

...Ou podía ter sido ao revés:

1
Antecedentes
2
Galicia Atopadoiro
3
Emigración Atopadoiro
4
AtopadoiroGalicia
5
Galicia Emigración
Xan Ferreiro Vilaboa emigra en 1920 a Cuba.
O seu irmán Manuel queda en Galicia, na súa aldea de Pedreira.
Xan casa en Cuba e perde o contacto coa familia en Galicia.
Ten unha filla chamada María Ferreiro Martín.
Luís Ferreiro, fillo de Manuel, e sobriño do emigrante Xan Ferreiro descubre o Atopadoiro e proba a localizar a familia deste en Cuba.
Descubre o Atopadoiro e busca nel a familia de seu tío por "Xan Ferreiro / Cuba".
Como non aparece ningún resultado deixa os seus datos para que contacten con el.
María Ferreiro Martín desde Cuba quere poñerse en contacto coa familia de seu pai en Galicia.
Busca "Ferreiro / Pedreira" e aparecen os datos que deixou Luís.
Envía unha mensaxe co link "contactar" que lle aparece co resultado.
Fillos de Galicia recibe a petición de María e lla reenvía a Luís. Luís recibe a mensaxe de María e ponse en contacto xa directamente con ela.

¡As familias reencontráronse! :-)

 

Base de datos actualizada o 30/03/2016
[ 3747 emigrantes; 325 galicianos (galegos)]
Inscrita no Rexistro Xeral da Axencia de Protección de Datos
co nº 2023100082

Mensaxes de posta en contacto trasmitidos polo Atopadoiro en 2005: 1.448; en 2004: 883


Si necesitas ayuda, no entiendes alguna parte de las instrucciones o quieres consultarnos cualquier cosa
sobre O Atopadoiro puedes enviarnos un mensaje a contacto@fillos.org .
Y si tienes un web que puede ser visitado por gallegos
o descendientes de gallegos te agradeceríamos que pusieses
un enlace con nosotros con alguno de estos minibanners:

o el banner siguiente, enlazados a http://www.atopadoiro.org:

Ir á páxina principal de Fillos de Galicia



Última alteração